Comité Óscar Romero de Vigo |
R/ Baiona 9, B |
¿Quen somos? |
Os Comités principiamos, en todo o mundo, a partires do 24 de Marzo do 1980, data do asasinato de Monseñor Óscar Romero, arcebispo de San Salvador.
Traballamos coordinadamente no Estado español e en rede co Servizo Internacional Cristiano de Solidariedade cos pobos de América Latina (S.I.C.S.A.L.) con sé compartida entre Ecuador e Colombia.
Unímonos para traballar en común, inspirados nos valores de solidariedade e fraternidade cristiás.
Entendemos a nosa labor coma un acompañamento ós pobos e ás persoas en loita pola súa dignidade, a súa cultura e a súa liberación.
Optamos pola vida de todo ser humano e isto lévanos a unha solidariedade activa coa xente empobrecida.
¿Onde atoparnos? |
Xuntámonos os primeiros ou terceiros martes de cada mes na contorna da parroquia do Cristo da Victoria de Vigo de 21:00 a 22:30.
Podes contactar con nós para calquera pregunta ou participar nas mesmas escríbindonos a:
vigo@comitesromero.org
¿Qué solidaridade buscamos? |
Entendemos a solidaridade como un proceso de ida e volta, unha relación entre irmáns, que nos fai cuestionar as nosas vidas, as nosas estructuras sociais inxustas, o noso ser e o noso estar na Igrexa e no mundo.
En resumo, pretendemos sentir, ó longo das nosas vidas, unha continua chamada á conversión e á fe nesa "Boa Nova para tod@s", na que resolvemos crer.
¿Cómo conseguilo? |
Sensibilizándonos a nos e á sociedade que nos arrodea para cambiar a realidade máis próxima.
Facilitando a comunicación entre as Comunidades cristiás de cada pobo co fin de enriquecernos mutuamente.
Denunciando as violacións de Dereitos Humanos e respostando ós acontecementos salientables que xorden na realidade latinoamericana da maneira máis axeitada a cada momento.
Colaborando en pequenos proxectos que esperten a conciencia solidaria, que favorezan a organización popular e que contemplen mecanismos de autofinanciación.
¿E ti... qué podes facer? |
Participar nos actos de sensibilización e difusión que se organizan.
Coñecer as realidades de inxustiza do noso mundo.
Compartir aquilo que tes e aquilo que es cos demais.
Actividades |
Distribuimos a Axenda Latinoamericana nas suas edicións galega e castelán. Tamén distribuimos os Documentos del Ocote encendido.
Celebramos o Día da Paz e da Non Violencia (polo 30 de Xaneiro) e o Aniversario do asasinato de Monseñor Romero (polo 24 de Marzo).
Editamos en España o libro "Monseñor Romero. Piezas para un retrato" de María López Vigil, que tamén distribuimos.
Participamos na Rede Social Galicia Sur e participamos nas actividades que organiza.
Somos socias da Asociación de Banca Ética Fiare Galiza.
Non atribuamos á vontade de Deus o froito da nosa preguiza.Non fagamos a Deus culpable das desigualdades inxustas.
Non fagamos a Deus culpable do subdesenvolvemento dos homes e das mulleres.
Deus non quere iso.
Breve Biografía de Monseñor Romero |
Fillo de familia campesiña. De novo estudia teoloxía en Roma. É ordenado sacerdote en 1942. Durante moitos anos traballa de rector, despois de vicario xeral e de bispo auxiliar de San Salvador. En 1977 comeza o seu traballo de arcebispo de San Salvador. Poucos días despois do inicio desta tarefa, en medio dunha campaña de represión contra os campesiños e de calumnia contra a Igrexa, realizada pola oligarquía salvadoreña, son asasinados o Padre Rutilio Grande e dous catequistas. Axiña caen tamén asasinados cinco sacerdotes máis, que loitaban pola promoción integral dos labregos salvadoreños.
Monseñor Romero convértese na voz profética e pastoral do seu pobo, denunciando a estructura de pecado que "segue dando morte ós fillos de Deus". Cunha sólida fe en Deus e movido polo Espírito, resoa nas súas homilías dominicais (transmitidas por radio e escoitadas por todo o país) a palabra evanxélica dirixida á oligarquía salvadoreña, á violencia intransixente da dereita, á violencia das Forzas Armadas, á Xunta de Goberno, ás Organizacións Populares. A emisora do arcebispado YSAX é dinamitada. El é ameazado de morte. E afirma:
"Que quede constancia que a voz da xustiza ninguén a poderá matar"
O 24 de Marzo de 1980, mentres celebraba a Eucaristía, cae asasinado.