Creo na democracia e a autonomía. Non creo que os EEUU nin ningún outro país deba ignorar a vontade popular e debilitar a legalidade internacional mediante presións e chantaxes para acadar votos no Consello de Seguridade.
Creo no internacionalismo. Opóñome a que ningunha nación vaia extendendo unha rede cada vez maior de bases militares en todo o mundo, creando un arsenal sen igual no mundo.
Creo na equidade. Non creo que os EEUU nin ningún outro país deba buscar o imperio. Non creo que os EEUU deban controlar o petróleo de Oriente Próximo a favor de empresas estadounidenses ou como medio de control político sobre outros países.
Creo na liberdade. Opóñome ós rexímenes brutais en Iraq e en calqueira parte, pero tamén me opoño á nova doctrina de “guerra preventiva”, que garante conflictos permanentes en e moi perigosos e que deu lugar a que gran parte do mundo considere que a maior ameaza para a paz son os EEUU. Creo nunha política exterior democrática que apoie a oposición popular ó imperialismo, ás dictaduras e ó fundamentalismo político en tódalas súas formas.
Creo na solidariedade. Estou cos pobres e os excluidos. A pesar dunha desinformación xeralizada, millóns de persoas se opoñen á guerra inxusta, ilegal e inmoral, e quero engadir a miña voz ás súas. Estou cos líderes morais de todo o mundo, cos sindicatos de todo o mundo e coa inmensa maioría da poboación dos países do mundo.
Creo na diversidade. Estou pola fin do racismo dirixido contra inmigrantes e persoas de cor.
Creo no cese da represión interna e externa.
Creo na paz. Estou contra esta guerra e contra as condicións, mentalidades e institucións que fomentan e posibilitan a guerra e a inxustiza.
Creo na sostenibilidade. Estoy en contra da destrucción dos bosques, a terra, o auga, os recursos medioambientais e a biodiversidade na que se basa toda a vida.
Creo na xustiza. Estou en contra das institucións económicas, políticas e culturais que promoven unha mentalidade competitiva, inmensas desigualdades económicas e de poder, a dominación empresarial que chega mesmo á escravitude, o racismo e as xerarquías sexuais e de xénero.
Creo nunha política que redistribuia o diñeiro que se emprega para a guerra e os estamentos militares cara a sanidade, a educación, a vivenda e a ceación de emprego.
Creo nun mundo cunhas institución políticas, económicas e sociais que fomenten a solidariedade, promovan a equidade, maximicen a participación, gocen da diversidade e animen a conquerir unha democracia plena.
Creo na paz e na xustiza e, o que é máis, comprométome a traballar pola paz e maila xustiza.
Carta a Bush de Mia Couto, escritor mozambiqueño
Señor Presidente:
Son un escritor dunha nación pobre, un país que xa estivo na súa lista negra. Millóns de mozambiqueños descoñecían qué mal vos fixeramos. Eramos pequenos e pobres: ¿qué ameaza poderiamos constituir ? A nosa arma de destrucción massiva estaba, á fin, volta contra nós: era a fame e a miseria. Algúns de nós non entendían o criterio que levaba a que o noso nome estivese manchado mentres outras nacións, por exemplo a África do Sur do apartheid, se beneficiaban da vosa simpatía.
Pois eu, pobre escritor dun pobre país, tiven un soño. Como Martin Luther King certa vez soñou que América era unha nación de tódolos americanos, soñei que eu non era un home senón un país. Si, un país que non conseguía durmir porque vivía sobresaltado por terribles feitos. E ese temor fixo que proclamase unha esixencia que tiña que ver con vostede, querido Presidente. Esixía que os Estados Unidos de América procedesen á eliminación do seu armamento de destrucción masiva e que inspectores das Nacións Unidas fosen enviados ó seu país. ¿Qué terribles perigos me alertaban? ¿Qué receos me inspiraba o seu país? Non eran producto dun soño, infelizmente. Eran feitos os que alimentaban a miña desconfianza. A lista é tan grande que escollerei só algúns: os EEUU foron a única nación do mundo que lanzou bombas atómicas sobre outras nacións e a única condenada por "uso ilexítimo da forza" polo Tribunal Internacional de Xustiza; forzas americanas adestraron e armaron ós fundamentalistas islámicos máis extremistas, incluindo ó terrorista Bin Laden, co pretexto de derribar ós invasores rusos en Afganistán; o réxime de Saddam Hussein foi apoiado polos EEUU mentres practicaba as peores atrocidades contra os iraquís, incluindo o gaseamento dos kurdos en 1988; o seu país albergou criminais como Emmanuel Constant, un dos líderes máis sanguinarios do Taití cunhas forzas paramilitares que masacraron milleiros de inocentes (Constant foi xuzgado e as novas autoridades solicitaron a sua extradición pero o goberno americano recusou o pedido); en decembro de 1987, os EEUU foi o único país, xunto a Israel, en votar contra unha moción de condena ó terrorismo internacional; a lista de golpes preparados pola CIA é ben longa; accións de terrorismo biolóxico e químico foron postas en práctica polos EEUU no Vietnan, contra Cuba...; dende a Segunda Guerra Mundial os EEUU bombardearon China, Corea, Guatemala, Indonesia, Cuba, Congo, Perú, Laos, Vietnam, Camboia, Granada, Líbano, Libia, O Salvador, Nicaragua, Irán, Panamá, Iraq, Kuwait, Somalia, Bosnia, Sudán, Afganistán, Iugoslavia...
Espertei do pesadelo do soño ó pesadelo da realidade. A guerra que o Señor Presidente insistiu en iniciar poderá liberarnos dun dictador, pero ficaremos todos máis pobres, enfrontaremos maiores dificultades nas nosas xa precarias economías e teremos menos esperanza nun futuro gobernado pola razón e pola moral; teremos menos fe na forza reguladora das Nacións Unidas e das convencións do dereito internacional; estaremos, en fin, máis sós e máis desamparados.
Señor Presidente, Iraq non é Saddam. Son 22 millóns de nais e fillos, e de persoas que traballan e soñan como fan os comúns norteamericanos. Fálanos dos males do réxime de Saddam Hussein que son reais, pero esquece os horrores da primeira guerra do Golfo na que perderon a vida máis de 150000 persoas. O que está destruindo masivamente ós iraquís non son as armas de Saddam. Son as sancións que conduciron a unha situación humanitaria tan grave que dous coordenadores para axuda das Nacións Unidas pediron a demisión en protesta contra esas mesmas sancións. Explicando a razón da súa renuncia, Halliday escribiu: "Estamos destruindo toda unha sociedade. É tan simple e terrible coma iso. E iso é ilegal e imoral”. Ese sistema de sancións xa levou á morte a medio millón de nenos e nenas iraquís. Pero a guerra contra Iraq comezou hai moito tempo. Nas zonas de restricción aérea ó Norte e Sur de Iraq suceden continuamente bombardeos desde hai 12 anos. O bombardeo inclúe o uso masivo de uranio empobrecido (300 toneladas, é dicir 30 veces máis do usado en Kosovo).
Librarémonos de Saddam, pero continuaremos prisioneiros da lóxica da guerra e da arrogancia. Non quero que os meus fillos, nen os seus, vivan dominados polo fantasma do medo, pensen que para vivir tranquilos precisan construir unha fortaleza e que só estarán seguros cando teñan que gastar fortunas en armas, como o seu país, que gasta 260 billóns de dólares por ano para manter o arsenal de guerra. O señor ben sabe o que esa suma podería axudar a cambiar o destino miserable de millóns de seres.
Señor Presidente, eu e máis millóns de cidadáns non ficamos convencidos cando o vimos xustificar a guerra. Nós preferiamos velo asinar a Convención de Kioto para conter o efecto invernadoiro ou telo visto en Durban na Conferencia Internacional contra o Racismo. Non se preocupe, señor Presidente. A nós, nacións pequenas deste mundo, non nos pasa pola cabeza esixir a súa demisión por causa dese apoio que as súas sucessivas administracións concederon a non menos sucesivos dictadores. A maior ameaza que pesa sobre América non son armamentos doutros. É o universo de mentira que se creou ó redor dos seus cidadáns. O maior perigo non é o réxime de Saddam, nen ningún outro réxime, senón o sentimento de superioridade que parece animar o seu goberno. O seu inimigo principal non está fóra. Está dentro dos EEUU. Esa guerra só pode ser vencida polos propios americanos. Gustaríame poder festexar o derribamento de Saddam Hussein e festexalo con tódolos americanos, pero sen hipocrisía, sen argumentación para consumo de diminuídos mentais. Porque nós, querido Presidente Bush, nós, os pobos dos países pequenos, temos unha arma de construcción masiva: a capacidade de pensar.
Organizacións de dereitos humanos e sociais declararon un boicot internacional contra Coca Cola que consistirá non só en non consunir os poductos da transnacional senón tamén nunha campaña permanente de denuncia, movilización e loita contra a súa política. Os motivos do boicot son ntre outros o beneficio obtido pola empresa co asasinato, encarceramento, desterro, secuestro, ameazas de morte e despidos de dirixentes sindicais en Colombia, Guatemala, Perú, Brasil, EEUU, Venezuela, Palestina, Turquía, Irán e outras partes do mundo; a contaminación de fontes de auga cos deperdicios das súas embotelladoras; a discriminación racial contra a comunidade negra e os enfermos de SIDA nos EEUU e en África; o uso da coca para a fabricación dos seus productos e o seu apoio ás políticas criminais dos EEUU contra as comunidades, especialmente en Bolivia, Perú e Colombia, que tradicionalmente sustentaron a súa cultura e subsistencia na folla de coca; a utilización irracional do auga no mundo e o roubo criminal de fontes de auga ás comunidades da India; o seu apoio á criminal oligarquía venezolana, que atenta contra o goberno e o proxecto de vida digna do pobo; a súa intromisión histórica nos asuntos internos dos pobos.