LULA: PREMIO PRÍNCIPE DE ASTURIAS
Luis Ignacio Lula da Silva, o presidente do Brasil, vén de ser recoñecido co Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional. Estas son alunhas das palabras que pronunciou ó recoller o galardón:
Eu vin participar desta cerimonia de entrega do premio Príncipe de Asturias por algunhas razóns. A primeira é que estou convencido de que a cuestión da pobreza e da fame só pode ser superada con moita forza polas persoas que comen. Houbo un tempo, no comezo da miña militancia, no que eu dicía que cando un pobo non quería loitar tiña que pasar fame para aprender. Despois descubrín que a fame non leva a ningún pobo á revolución, senón á sumisión.
Os famentos son un grande problema social. E eu quería transformar a fame nun grande problema político, porque só cando se transforme a fame nun grande problema político todos nós prestaremos atención.
Loitar contra a fame non é unha tarefa doada. As persoas sinten vergoña de dicir que teñen fame. Están desorganizadas e moi debilitadas. Eu acredito que será posible nos próximos anos sensibilizar á humanidade para que se enfronte a ese problema. É máis unha cuestión ética que unha cuestión ecomómica.
Eu asumín a responsabilidade de que este premio non fose meu, senón que pertencese a millóns de anónimos que me permitiron chegar à Presidencia da República. Tamén pensei: ¿que facer cun premio así? ¿Depositalo na miña conta para que ó día seguinte ninguén máis se lembre do premiado? Por iso tomei a decisión de doalo. Entregueille ó Secretário Xeral da ONU o cheque que recibín da fundación para tentar sensibilizar a outros gobernantes para que contribúan economicamente ó fondo da ONU, que non ten recursos. Porque os presidentes van ós encontros internacionais, asumen compromisos coas metas do milenio e no día seguinte non se lembran de nada.
Na miña vida política resolvín fazer que as cousas máis difíciles se tornen en realidade. Cando entrei no movemento sindical era moi difícil facer sindicalismo no Brasil por causa do réxime militar e, en tres anos, cambiamos a historia do sindicalismo brasileiro. Despois, resolvimos crear un partido político. Había moita xente importante que dicía que non era posible crear un partido político nos moldes no que o estabamos creando. Vinte anos despois, nós temos o maior partido de esquerda de América Latina e pola forza deste partido eu cheguei à Presidencia da República.
Estou convencido de que a loita contra a pobreza, a fame e a miseria precisa de moita persistencia. E na miña opinión, unha palabra chave para este novo século é a palabra solidariedade, a palabra ética, a palabra cidadanía. O mundo produce alimentos dabondo, riqueza dabondo. Pasamos o século pasado discutindo sobre os avances tecnolóxicos. Agora temos que discutir como repartir do xeito máis correcto os resultados da riqueza producida pola humanidade. Ese desafío non é só político, senón un desafío ético, humanista, cristián. Todos nós debemos asumir a responsabilidade de transformar esa causa nunha causa que nos dea orgullo. Que todas as noites ó deitarnos nas nosas camas teñamos un soño tranquilo porque fixemos ben a un semellante, a un irmán, a unha irmá que non tivo as mesmas oportunidades ca nós.
No Brasil temos ese compromiso. O Brasil ten 176 millóns de habitantes, dos que 55 millóns non consumen as calorías e as proteínas necesarias para a supervivencia humana. E nós asumimos o compromiso, ó lanzar o programa “Fame Cero”, de facer todo o posible para que no final do meu mandato as persoas tomen, polo menos, un café pola mañá, coman e ceen, un dereito sagrado que está na Biblia, na Declaración dos Dereitos Humanos, na Constitución de tódolos pobos do mundo. Por tanto, non temos que inventar nada novo, senón cumprir as leis.
A historia de España é moi antiga. Semella que moitas voces conseguiron con moita loita, con moito sufrimento, chegar a unha vida que dá dignidade ó ser humano. E eu non teño dúbidas de que moitas voces saberán dar a man á nosa beira a aqueles que aínda non tiveron esa oportunidade.
FALSAS ACUSACIÓNS CONTRA AS COMUNIDADES DE CACARICA E “XUSTIZA E PAZ”
Amnistía Internacional vén de expresar a súa preocupación ante as falsas acusacións do Exército Colombiano contra a Comunidad do Cacarica (Colombia) e a “Comisión Intereclesial de Xustiza e Paz”, denunciando que tras estas acusacións se agacha un intento de desprestixiar e restar credibilidade ós defensores dos dereitos humanos.
Lembremos en primeiro lugar a historia das comunidades do Cacarica: Trala operación militar “Xénesis” en 1997 máis de 5000 persoas foron desprazadas forzosamente da Rexión do Río Cacarica baixo violación dos dereitos humanos e do Dereito Internacional Humanitario. Maila as continuas violacións dos seus dereitos durante o exilio de catro ano, máis de 1500 deles, na súa maioría de orixe afrocolombiano, decidiron voltar á rexión de orixe, esixindo ó goberno colombiano garantías no referente ó recoñecemento da súa decisión de non se involucrar directa nin indirectamente con ningún actor armado e ó recoñecemento de zona desmilitarizada para a súa “Comunidade de Autodeterminación, Vida, Dignidade, do Cacarica, CAVIDA”. Ademáis as comunidades esixiron reparación moral polo desprazamento e polos máis de 80 asasinados e desaparecidos, reparación que ata o día de hoxe non foi cumprida polo Estado.
Neste contexto, nunha rolda de prensa presidida polo Xeneral Jorge Enrique Moral Rangel que tivo lugar hai uns meses en Bogotá, se afirmou que as Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia (FARC) están establecidas de xeito permanente nos campos de asentamento do Cacarica, co que pretenderon dar a entender que os membros de “Xustiza e Paz” e das outras ONG’s que apoian a estas comunidades colaboran cos grupos guerrilleiros. Ademáis a organización humanitaria foi acusada de malversar fondos gubernamentais destinados á construcción de vivendas para as comunidades.
A gravidade destes sinalamentos radica en que con eles se está a ignorar o marco da legalidade nacional e internacional no que naceron e se veñen desenvolvendo as comunidades de paz, e tamén en que experiencias anteriores demostraron que afirmacións como éstas adoitan desencadear incursións violentas contra as comunidades por parte de grupos paramilitares en connivencia con membros das forzas armadas.
O
feito de que as recentes acusacións tiveran lugar despois do
pronunciamento da Corte Institucional que recoñece a “Xustiza
e Paz” como parte civil dentro das actuacións penais que
se interpoñen por máis de 200 casos de
violacións dos Dereitos Humanos cometidas entre 1997 e 1998
por paramilitares que operaban en connivencia coa XVII Brigada do
Exército Colombiano, indica que as acusacións son parte
dunha campaña sistemática de desprestixo contra esta
organización non gubernamental que apoiou de xeito tan
comprometido o proceso das comunidades de paz do Cacarica.
Pedro
Casaldáliga, membro honorario da comisión de “Xustiza
e Paz”, dirixiu con motivo destas infundadas acusacións
palabras de decidido apoio a estas comunidades: “Acompáñoos
en todo ese duro camiñar de Colombia. Tódolos días
están presentes na miña oración e na miña
preocupación. Conten coa nosa oración. De verdade.
Vostedes saben moi ben como levar esa cruz. Sexan o máis
sereos posibles e transparentes. Non se deixen obsesionar. Sigan,
convoquen, celebren, respondan ó día a día. Na
fidelidade desconcertante pero infalible do Reino. Sigo a noticia da
persecución concreta ás 23 comunidades do Cacarica.
Todos entendemos que se trata dunha especie de calumnia maiúscula
con intereses xeopolíticos e mesmo racistas. O pobo de
Colombia, os pobos da nosa América, a Igrexa do continente,
deben denunciar esta criminal terxiversación. Coa excusa da
guerrilla e do narcotráfico están xustificando un
verdadeiro xenocidio en moitas áreas de Colombia. Abrázoos
con moitísimo cariño na paz do bo Deus”.
Baixo
a premisa de “outro mundo é posible”, miles de bolivianos
e bolivianas xunto a representantes de diversos países do
mundo reuníronse na cidade de Santa Cruz no Encontro Social
Alternativo coincidindo co XIII Cumio Iberoamericano. O encontro,
multitudinario e pacífico, foi crítico, combativo e
propositivo, diverso pero unitario: un encontro de solidariedade cos
pobos que loitan contra o neoliberalismo e contra o imperialismo no
que se realizaron xornadas de debate e análise en torno a
temas como a seguridade alimentaria, os recursos naturais, os
hidrocarburos, os dereitos indíxenas, a terra e o territorio,
a impunidade, o racismo, a coca, a desigualdade de xénero, a
Área de Libre Comercio das Américas (ALCA), a
Organización Mundial do Comercio (OMC), o Fondo Monetario
Internacional (FMI) e o Banco Mundial (BM). O indíxena e
diputado nacional Evo Morales Ayma, en representación dos
movementos sociais bolivianos, tivo a oportunidade de comunicar as
conclusións do Encontro Social Alternativo ós
mandatarios que asistiron ó cumio oficial.
ENCONTRO
SOCIAL ALTERNATIVO EN SANTA CRUZ