nº 69 decembro06-xaneiro 07
Es
tiempo de la cosecha,
es tiempo de la persistencia,
es tiempo
de la transformación,
hoy es la verdad abriéndose
camino entre turbulencias,
es la justicia exhumándose en la
vida de los que pasaron a la historia,
es la reparación
afirmándose en las construcciones heterotópicas.
Es
tiempo de las lágrimas haciéndose sonrisa.
Es tiempo
de la injusticia convertida en dignidad.
Es tiempo del andar
en los rastros que propiciaron sentimientos
de libertad, de
democracia, de paz y de dignidad.
Es la memoria, gestación
del hombre y la mujer nueva,
experiencia de lo sublime.
Tiempo
del amor, asomo de la justicia.
Comisión Intereclesial de Justicia y Paz
DEREITOS HUMANOS EN COLOMBIA
Co gallo da celebración do Día da Paz neste mes de xaneiro queremos lembrar unha vez máis a gravísima situación que se está a vivir en Colombia, onde a violación dos Dereitos Humanos segue a ser unha realidade cotiá.
Precisamente no mes de febreiro se conmemorará o X Aniversario da “Operación Génesis”, operación militar-paramilitar que ensanguentou o Baixo Atrato provocando o desprazamento das comunidades afrodescendientes que se atopaban na zona, comunidades que, organizándose e creando estructuras de resistencia ó acoso ó que as someten tanto as grandes empresas agroindustriales como o mesmo estado colombiano, garante da seguridade e explotación que realizan estas empresas, retornaron ós seus territorios e permanecen alí malia as ameazas, ataques e crimes dos que son obxecto. Agora, para conmemorar o X Aniversario desta masacre, estas comunidades organizarán un encontro internacional que, baixo o título "Ós 10 anos da Operación Génesis: das cinzas á esperanza, da morte á vida", percorrerá a zona de onde foron desprazados e onde retornaron, co fin de solicitar a solidariedade internacional e visibilizar o acompañamento que reciben de diversas instancias doutros países.
Dende a “Comisión Intereclesial de Justicia y Paz” explican así o acontecido no Baixo Atrato:
Nos territorios de afrocolombianos, indíxenas e mestizos entre o 24 e 27 de febreiro de 1997, desatouse o inicio dunha oleada de terror no Baixo Atrato a través da Operación militar da Brigada 17, chamada “Operación Génesis". Bombardeos, queimas de caseríos, saqueo e destrución de bens de supervivencia, o asasinato de Mariño López, signo do etnocidio, do ecocidio e do xenocidio.
Mariño López, novo, sinxeleza e alegría, de pel negra, de ollos profundos, de alma en esperanza. Desmembrado en varias partes. A súa cabeza convertida nun balón de fútbol foi o abrebocas do festín. Os victimarios evocaron o xogo. Patearon a súa cabeza para negar o pensar. Arrincaron os seus brazos para negar o libre traballar. Cortaron as súas pernas para negar os camiños de liberdade. Esnaquizaron a súa sexualidade para negar amar. A barbarie enfronte do pobo negro, das súas fermosas mulleres, dos seus belos nenos. Terror público, definido, preciso, calculado. Era o anuncio da nova escravitude pero tamén desde as cinzas, desde a desterritorialización unha sensibilidade e unha conciencia da resistencia, da esperanza. Pouco a pouco por riba do terror, descuberta a escena. A estratexa paramilitar era unha estratexa militar do Estado, da Brigada 17. Durante 10 anos unha técnica de persecución contra a poboación. Descuberto a flor de pel un modelo de desenvolvemento compulsivamente destructivo da identidade dos pobos, un modelo de aniquilación da biodiversidade, un modelo de desenvolvemento cimentado sobre o Terror e o Sangue.
10 anos de persecución. Máis de 600 crimes de Lesa Humanidade, torturas, asasinatos, desaparicións forzadas. Máis de 17 desprazamentos forzados, bloqueo económico, vividos polas comunidades do Cacarica asociadas en CAVIDA, os Resguardos Indíxenas de Perancho e Peranchito, polas familias dos Consellos Comunitarios do Jiguamiandó e Curvaradó, todos na impunidade.
Neste territorio a biodiversidade aparece simplemente. Non hai que buscala en profundidades, salta á vista, aínda que o progreso axexa. A vida está aí. Bosques primarios, fontes de auga cristalina, raíña do Pacífico, micos, loros, garzas, tigrillos, tigres, beleza natural, creación divina, creación sublime, graza da Vida. Territorio en perigo, entre a desmovilización paramilitar co fortalecemento das estratexas de control social con modelos de reconciliación fundados na lóxica obsesiva do mercado, a extracción dos recursos forestales, o agronegocio da palma aceitera, o “primitivo” ou banano pequeno, a explotación minera, a construcción de obras de infraestructura vial, enerxética e de telecomunicacións por empresas privadas. Logo da ocupación ilegal de terras a través da estratexa paramilitar, aínda superviven millóns de especies de fauna, de flora, de aves, de bolboretas, de herbas, de augas cristalinas, aínda persiste a dignidade dos pobos que resisten ó sino da mercantilización dos territorios.
Todo o que resta, como ben da humanidade, está afectado por:
-. A apropiación de 25.000 ha de terras dos títulos colectivos do Jiguamiandó e do Curvaradó para sementar palma aceitera por parte das empresas Urapalma S.A, Palmura, Palmas de Curvaradó, entre outras.
-. A expropiación de 20.000 hectáreas de terras do título colectivo da cuenca do Cacarica para sementar extensivamente banano, caucho, cacao e palma aceitera por parte da empresa ligada ao paramilitarismo MULTIFRUITS S.A. que fixo un contrato de venda por 8 anos dos froitos á corporación DO MONTE de San Francisco California, USA.
-. A extracción de madeira por parte da empresa Madeiras do Darién S.A filial de Pizano S.A.
-. Unha nova fase da construción da estrada Panamericana de 108 quilómetros, 58 en Panamá e 50 en Colombia, por un valor actual de 220 millóns de dólares.
-. O paso dun poliducto Venezuela-Pacifico Colombiano, cuxa primeira fase xa está en construción entre Paraná e Ballenas na Guajira. Igualmente estímase a construcción dun poliducto e oleoducto que iría de Cabrutas a Tumaco, en Colombia (Costas do Pacífico) e o norte de Ecuador, o cal permitiría a Venezuela relacionarse con Asia. Un dos posibles trazos afecta ás comunidades do Curvaradó e Jiguamiandó.
-. O Sistema de Interconexión Eléctrica con Centro América nun tramo de 571 quilómetros, 298 en Colombia e 373 en Panamá cunha liña de corrente directa de 250 Kv monopolar con dobre condutor nun costo estimado de 172.2 millóns de dólares, que estará en funcionamento a partir de 2008. A súa construción afecta ás comunidades afrodescendentes e indíxenas da Cuenca do Cacarica e de Panamá.
-. Pola concesión minera outorgada por Ingeominas á empresa do estado de Colorado, Usa Muriel Minig Corporation, que afecta ás comunidades indígenas e afrodescendentes da cuenca do río Jiguamiandó. O proxecto denominado “Mandé Norte” atópase na fase exploración xeral, xa se fixo recoñecemento e prospección. A zona de potencial minero para cobre e ouro ten unha extensión de 160 Km2 ó 16.000 hectáreas. Esta zona foi cuberta con nove títulos mineros.
-. Pola declaración da zona do nó de Paramillo como Parque Nacional Natural, que significou o desprazamento forzado en novembro de 1997 das comunidades de Antazales, a Balsita, Chambuscado, Argelia, en inmediacións de Dabeiba en Antioquia e Valencia en Córdoba. O parque Nacional de Paramillo, localízase no extremo norte da cordillera Occidental e comprende parte do norte do Departamento de Antioquia e do sur de Córdoba. Ten unha extensión de 460.000 hectáreas e alturas desde 100 ata 3.960 metros.
Ante o arrasamento dunha das rexións con maior biodiversidade no mundo, territorio dos pobos orixinarios e afrodescendentes, convócase á II Peregrinación Camiñada Ecolóxica no Darién que simultáneamente fará 3 percorridos:
1. Peregrinación-camiñada entre a fermosa nai terra, un atopo quilómetro a quilómetro coa selva virxe primaria. 6 días entre os pasos pola vida e a navegación no interior da nai terra polo Darién Colombiano, a Comunidade de Balsa no Cacarica onde se adianta o proxecto de banano, palma, caucho e cacao, ata o Salaquí, ao lugar en que se atopan os rastros das bombas que antecederon o desprazamento forzado destas comunidades en febreiro de 1997.
2. Unha peregrinación camiñada que percorrerá os territorios colectivos do Curvaradó afectados por sementeira ilegal de palma aceitera e os territorios afrodescendentes e indíxenas do Jiguamiandó afectados polo proxecto “Mandé Norte” -concesión minera- en inmediacións do cerro Careperro.
3. Unha camiñada de 8 días desde Dabeiba pola comunidades da Balsita, Argelia, ata Antazales no Nó de Paramillo, zona hoxe do Parque Nacional Natural de Paramillo.
As tres camiñadas pola selva virxe, o desastre ambiental da palma aceitera, os territorios dos pobos orixinarios do Jiguamiandó, Curvaradó e Salaquí, culminarán no Cacarica coa realización do Tribunal Permanente dos Pobos sobre Biodiversidade entre o 24 e 27 de febreiro de 2007, no que participarán delegados indíxenas, mestizos e afrocolombianos coas humanas e humanos de Estados Unidos, América Latina e Europa, acerca da presentación de evidencia da implicación de sectores empresariais e os gobernos nas violacións aos Dereitos Humanos e na destrución da rica biodiversidade nesta e outras áreas do país. Retomaranse, tamén, propostas de protección territorial e da vida no medio da confrontación armada e/ou da privatización territorial.
Un encontro con rostros e voces sobre a guerra desatada, sobre a vida recreada nos mecanismos da memoria, de afrontamiento da impunidade e defensa da biodiversidade coas Zonas Humanitarias e as Zonas de Protección Ambiental, conmemoración dos 10 anos da “Operación Génesis” que desprazou ás comunidades da cuenca do Cacarica. [...] As peregrinaciones-camiñadas, percorrerán lugares da memoria da violencia, onde se ha bombardeado, onde se asasinou, e desaparecido. Percorrerá os lugares da maior biodiversidade por onde transitan as posibilidades de sobrevivencia do suscita. As peregrinaciones- camiñadas realizaranse por terra, por auga, camiñarase e navegará, atoparanse coa natureza virxe, cos rostros de experiencias que no mundo constrúen xustiza, fraternidade e respecto á nai terra. Andará e recoñecerá os destrozos causados pola deforestación irracional, polos monocultivos e os proxectos extractivos.
Convidan:
Asociación de familiares de las Víctimas de Riosucio CLAMORES; Asociación de cabildos Cuna, Embara, Katio, ACIKEK; Resguardo Indígena Jooin Pubuur – Cacarica; Familias de los Consejos Comunitarios del Cacarica de Autodeterminación, Vida, Dignidad del Cacarica-CAVIDA-; Consejo Comunitario del Curvaradó; Consejo Comunitario del Jiguamiandó; Comunidad de Vida y Trabajo “La Balsita” de Dabeiba; Consejo Comunitario del Jiguamiandó; Consejo Comunitario del Curvaradó; Consejo Comunitario del Río Arquía; Comunidades campesinas de río Murindó; Cabildo Mayor Indígena de Frontino; Cabildo Mayor Indígena de Urrao; Cabildo Mayor Indígena de Murindó; Cabildo Mayor Indígena de Vigía del Fuerte; Cabildo Mayor Indígena de Carmen del Darien; Comisión Intereclesial de Justicia y Paz; Red de Alternativas a la Globalización y a la Impunidad.