NON Á GUERRA CONTRA O POBO IRAQUÍ
O día 15 de frebreiro millóns de persoas en todo o mundo saíron ás rúas das súas cidades para condenar os plans belicistas de George Bu$h e os seus aliados e para expresar o seu total rexeitamento a unha nova guerra contra o pobo iraquí. As multitudinarias manifestacións de Madrid, Barcelona, Londres, Roma, Berlín... enviaron unha mensaxe inequívoca ós que pretenden poñer a funcionar unha vez máis o monstruo bélico pagando coa sangue de milleiros de inocentes o prezo do petróleo que cobizan. Nas rúas de todo o mundo mulleres e homes, nenos e vellos, berraron con forza “NON Á GUERRA” e o eco das súas voces, expandido como un regueiro de vida por tódolos rincóns do planeta, demostrou que o pobo quere a paz, que non se deixa enxordecer polos tambores de guerra e que está disposto a botarse á rúa para derrotar ós que queren levar a morte e maila destrucción a Iraq.
Sen dúbida, esta marea pacifista e crítica que crece e crece é un signo de esperanza nestes tempos nos que o poder pretende controlarnos e someternos a través do medo: o medo ó eixo do mal, o medo ó perverso Saddam, o medo ós “terroristas”, é dicir, a todos os que non están con el nesta nova cruzada mortal...
Tamén en América Latina o pobo, a través das comunidades eclesiais de base e os distintos colectivos que loitan pola xustiza e a dignidade humana, está a se mobilizar en contra da intervención bélica. En México, Perú, Nicaragua... a xente saiu ás rúas para defender a paz e manifestar a súa repulsa a un ataque estadounidense en concentracións, marchas, concertos e vixilias. Como mostra da solidariedade d@s latinoamerican@s co pobo iraquí recatamos agora o comunicado enviado en nome do EZLN polo subcomandante Marcos á manifestación do 15-F de Roma, que foi lido significativamente por Heidi Giuliani, nai do activista Carlo Giuliani, asasinado pola policía italiana en Génova en xullo do 2001.
Irmáns e irmás da Italia rebelde:
Reciban vostedes un saúdo dos homes, mulleres, nenos e anciáns do Exército Zapatista de Liberación Nacional. A nosa palabra faise nube para cruzar o océano e chegar ós mundos que hai nos vosos corazóns. Sabemos que o día de hoxe realízanse mobilizacións en todo o mundo para dicir ''Non'' á guerra de Bush contra o pobo de Iraq. E isto hai que dicilo así, porque non é unha guerra do pobo norteamericano, nin é unha guerra contra Saddam Hussein. É unha guerra do diñeiro, que é representado polo señor Bush (tal vez para enfatizar que carece de toda intelixencia). E é contra a humanidade: o seu destino está hoxe en xogo no chan de Iraq.
Esta é a guerra do medo. O seu obxectivo non é derrocar a Hussein en Iraq. A súa meta non é acabar con Al Qaeda. Tampouco busca liberar ó pobo iraquí. Non son nin a xustiza nin a democracia nin a liberdade as que animan este terror. É o medo. O medo a que a humanidade enteira se negue a aceptar un policía que lle diga qué debe facer, cómo debe facelo e cándo debe facerlo. O medo a que a humanidade se negue a ser tratada como un botín. O medo a esa esencia do ser humano que se chama rebeldía. O medo a que os millóns de seres humanos que hoxe se mobilizan en todo o mundo trunfen ó enarborar a causa da paz.
Porque as bombas que serán lanzadas sobre territorio iraquí non só terán como víctimas ós civís iraquíes, nenos, mulleres, homes e anciáns, e as súas mortes serán só un accidente no atropelado e arbitrario paso de quen chama, do seu lado, a Deus como coartada para a destrucción e a morte.
Quen encabeza esta estupidez (que é apoiada por Berlusconi en Italia, Blair en Inglaterra e Aznar en España), o señor Bush, con diñeiro comprou o poderío que pretende lanzar sobre o pobo de Iraq. Porque non hay que esquecer que o señor Bush está de xefe da autoproclamada policía mundial, gracias a un fraude tan grande, que só puido ser ocultado polos restos das Torres Xemelgas en New York e a sangue das víctimas dos atentados terroristas do 11 de setembro do ano 2001. Nin Hussein nin o pobo iraquí lle importan ó goberno norteamericano. O que lle importa é demostrar que pode cometer os seus crimes en calquera parte do mundo, en calquera momento e que o pode facer impunemente. As bombas que caerán en Iraq buscan tamén caer en tódalas nacións da terra. Queren caer tamén sobre os nosos corazóns e así universalizar o medo que levan dentro.
Esta guerra é contra toda a humanidade, contra tódolos homes e mulleres honestos. Esta guerra busca que teñamos medo, que creamos que aquel que ten o diñeiro e a forza militar, ten tamén a razón. Esta guerra pretende que nos encollamos de hombreiros, que fagamos do cinismo unha nova relixión, que fiquemos calados, que nos conformemos, que nos resignemos, que nos rindamos... que esquezamos... Que esquezamos a Carlo Giuliani, o rebelde de Génova.
Para os zapatistas, os homes somos o que soñan os nosos mortos. E hoxe os nosos mortos soñan un ''non'' rebelde. Para nós só hai unha palabra digna e unha acción consecuente frente a esta guerra. A palabra ''non'' e a acción rebelde.
Por iso é que debemos dicir ''non á guerra''. Un "non" sen condicións nin peros. Un "non" sen medias tintas. Un "non" sen grises que o manchen. Un "non" con tódolas cores que pintan o mundo. Un "non" claro, rotundo, contundente, definitorio, mundial.
O que está en xogo nesta guerra é a relación entre o poderoso e o feble. O poderoso o é porque nos fai febles. Aliméntase do noso traballo, da nosa sangue. Así el engorda e nós languidecemos.
Nesta guerra, o poderoso invocou a Deus do seu lado, para que aceptemos o seu poderío e a nosa debilidade como algo establecido por designio divino. Pero detrás desta guerra non hai máis deus que o deus do diñeiro, nin máis razón que o desexo de morte e destrucción.
A única fortaleza do feble é a súa dignidade. Ésta anímao a loitar para resistir ó poderoso, para se rebelar. Hoxe hai un "non" que debilita ó poderoso e fortalece ó feble: o "non" á guerra. Algún preguntaráse se a palabra que convoca a tantos en todo o mundo
O pasado venres un amigo meu en California foi ó supemercado local e levaba pegada no seu auto unha calcomanía que dicía “a paz temén é patriótica”. Cando saíu de facer as súas compras, a calcomanía desaparecera.
Bolivia: sinais de traxedia
As balas, os mortos, os feridos nas rúas, a poboación en protesta nunha mezcla de impotencia, bronca, valor e fortaleza, a violencia, o peche dos medios de comunicación... non nos dan alternativa: evocar os tempos máis escuros da historia boliviana. E hoxe evidenciamos unha vez máis a estreita relación que teñen as políticas das grandes potencias, dirixidas polas multinacionais, coas traxedias colectivas e individuais que se dan nos países de América Latina. Por estas políticas o abuso do poder dende o Estado cobrou unha vez máis vidas humanas, non esquezamos que xa son máis de 30 os mortos que carga este goberno nun clima de violencia e impunidade.
Os bolivianos e bolivianas estivemos nas rúas durante os 70 e 80 convencidos de que a democracia sería o camiño máis correcto para vivir en colectividade. Hoxe a democracia é aínda unha luz pero velada por un modelo que se aproveita dela para impoñer a desigualdade e a pobreza. A democracia está sendo despoxada dos seus contidos e esencia máis fundamentais. A clase dominante foi incapaz de redistribuir, de ceder, de deixar os seus privilexios para acadar unha sociedade máis equitativa e xusta.
18 mortos e máis de 80 feridos é o saldo dunha xornada de protesta e enfrentamento provocada pola decisión do Goberno de aplicar as recomendacións do FMI e enviar francotiradores para conter a protesta. Un impostazo que na práctica estaba dirixido a reducir os salarios e descargar nas costas da poboación traballadora todo o peso da crise. Por iso a policía se rebelou, a xente saiu ás rúas para expresar “non máis este modelo de exclusión e pobreza”.
A construcción dunha cultura democrática virá da construcción dunha sociedade xusta, que loite efectivamente contra a pobreza máis alá das promesas electorais. Pero unha sociedade que sente as bases para a xustiza e igualdade, que busque a harmonía entre os seres humanos e coa natureza implica que os poderosos deixen os privilexios acumulados en décadas de impunidade política e económica.
Elizabeth Peredo, Muller, Identidade e Traballo
Crónica da "Marcha contra a guerra de Iraq",
Washington DC, 18 de xaneiro
O día amaneceu frío, cinco grados baixo cero. Ás 11.00 no metro xente e xente e máis xente e pancartas e xente e máis xente... O mesmo metro habitualmente gris, triste e silencioso de Washington DC era unha festa multicolor onde se mesturaban persoas de toda idade, de toda raza... pancartas en castelán, en inglés, en árabe; todos ben apretadiños pero co sorriso dibuxado nos rostros... E fronte ó Capitolio, a festa do metro se transformaba nunha grandísima e impresionante festa cívica pola paz, a democracia e as liberdades. Multitude de mesas de organizacións chegadas de cualquera lado pola paz, contra a violencia de Bush... Tratábase dunha gran festa onde reinaba o bo humor, onde o pobo norteamericano demostraba a súa pluralidade, a súa diversidade de opinións e posturas fronte ós monótonos tambores de guerra e os preparativos que reinan nos medios de comunicación... E ese ambiente festivo contrastaba coas caras tensas dos policías que buscaban un terrorista en cada sonrisa, en cada pancarta.
A festa seguía no mesmo centro de Washington DC, e ós ollos de todo aquel que quixera velo: unha gran parte do pobo norteamericano está contra a guerra: case un 50%, segundo as últimas enquisas. Mágoa que Bush estea na outra metade. ¿Cantos eramos diante do Capitolio? Unhas fontes dicían 200.000 persoas, mentres outras falaban de 500.000. Pero non era un día para botar contas senón para disfrutar e emocionarse porque somos moitos, moitos -alá e acá- os que pensamos que OUTRO MUNDO É POSIBLE. É a forza imparable das persoas, do boca-a-boca, das novas tecnoloxías que nos unen máis que nunca, sen fronteiras e axudan a dar voz a tódalas opinións, á verdadeira sociedade civil.
EDUARDO GALEANO: PARA DICIR NON
O presidente do planeta anuncia o seu próximo crime en nome de Deus e da democracia. Así calumnia a Deus. E calumnia, tamén, á democracia, que a duras penas sobreviviu no mundo a pesar das dictaduras que os Estados Unidos veñen sementando en tódalas partes dende hai máis dun século. O goberno de Bush, que máis que goberno semella un oleoducto, necesita apoderarse da segunda reserva mundial de petróleo, que xace baixo o chan de Irak. Ademais, necesita xustificar a diñeirada dos seus gastos militares e necesita exhibir no campo de batalla os últimos modelos da súa industria armamentista. Diso se trata. O demais, son pretextos. E os pretextos para esta próxima carnicería ofenden a intelixencia. O único país que usou armas nucleares contra a poboación civil, o país que descargou as bombas atómicas que aniquilaron Hiroshima e Nagasaki, pretende convencernos de que Irak é un perigo para a humanidade. Se o presidente Bush ama tanto á humanidade, e de veras quere conxurar a máis grave ameaza que a humanidade padece, ¿por que non se bombardea a si mesmo, en vez de planificar un novo exterminio de pobos inocentes? A humanidade está farta de que os seus asasinos a usen de coartada. E está farta de chorar ós seus mortos á fin de cada guerra: esta vez quere impedir a guerra que os vai a matar.
John Le Carré: CONFESIÓNS DUN TERRORISTA
EEUU entrou nun dos seus períodos de loucura histórica, pero éste é o peor de todos os que recordo. A reacción ó 11-S está máis alá de calquera cousa que Osama Bin Laden puido ter esperado nos seus soños máis terribles. A inminente guerra planeouse anos antes de que Bin Laden atacara, pero foi el que a fixo posible. Sen Bin Laden a xunta de Bush aínda estaría tratando de explicar elgúns asuntos espiñosos: en primeiro lugar, cómo foi que resultou electo o presidente; ademais de Enror, a súa desvergonzada forma de favorecer ós que xa son demasiado ricos, a súa irresponsable actitude de ignorar ós pobres do mundo e a ecoloxía, e o feito de que se retirou dunha serie de tratados internacionais. Tamén tería que explicarnos por qué apoia a Israel na súa continua desobediencia ás resolucións da ONU.
Pero Bin Laden barreu todo iso baixo a alfombra de forma moi conveniente. O presuposto de defensa estadounidense incrementouse en outros 60 mil millóns de dólares ata acadar 360 mil millóns. Unha espléndida nova xeración de armas nucleares é o tronco dun proxecto que ten como obxectivo que todos poidamos estar máis tranquilos.
Os que non están co señor George W. Bush están contra el. O que é peor, están co inimigo. Isto é extrano, porque eu estou totalmente contra Bush pero me encantaría ver a Saddam derrocado, pero non nos termos de Bush nin a través dos seus medios. E non en aras dunha bandeira de hipocresía absurda.
A xerga relixiosa que enviará ás tropas destadounidenses á batalla é probablemente o aspecto máis repugnante desta surrealista guerra futura. Bush ten a Deus apresado cunha chave de loita libre. E Deus ten opinións políticas moi particulares. Deus designou ós EEUU para salvar ó mundo da forma que mellor conceña a EEUU. Deus escolleu a Israel para ser o nexo de EEUU coa política de Medio Oriente e calquera que queira arruinar esa idea é: a) antisemita, b) antiestadounidense, c) está do lado do inimigo, e d) terrorista.
En 1993 cando o ex presidente George Bush visitaba ó sempre democrático reino de Kuwait para recibir as gracias por telo liberado, alguén tratou de matalo. A CIA cre que ese “alguén” era Saddam. De ahí o lamento de Bush junior. Ese home tratou de matar ó meu papá. Pero aínda así non é persoal esta guerra. De tódolos xeitos é necesaria. Segue sendo obra de Deus. Segue sendo para levar a liberdade e democracia ó oprimido pobo de Irak.
Para ser membro deste equipo tes que crer no Ben Absoluto e o Mal Absoluto, e Bush, con moita axuda dos seus amigos, familia e de Deus, está ahí para dicirnos cal é cal. O que Bush non vai dicirnos é a verdade sobre por qué estamos indo á guerra. O que está en xogo non é o “eixo do mal”, senón petróleo, diñeiro e vidas humanas. A desgracia de Saddam é estar sentado no segundo depósito petroleiro máis grande do mundo. Bush quéreo, e quen o axude a conseguilo recibirá unha tallada do pastel; quen non o axude, non a terá. Se Saddam non tivera petróleo, podería torturar ós seus cidadáns ó seu gusto. Outros líderes o fan tódolos días, pensen en Arabia Saudita, en Pakistán, en Turquía, en Siria, en Exipto. Bagdad non representa un perigo claro e presente para ningún dos seus veciños nin para EEUU ou Gran Bretaña. As armas de destrucción masiva de Saddam, se é que aínda as ten, serán cacahuetes en comparación co que lle arroxarán Israel e EEUU nos primeiros cinco minutos da guerra. O que está en xogo non é unha inminente ameaza militar ou terrorista, senón o imperativo económico do crecemento de EEUU. o que está en xogo é a necesidade de EEUU de demostrarnos a todos o seu poder militar –a Europa, a Rusia e China, á pobre, tola e pequena Corea do Norte, o mesmo que ó Medio Oriente- para demostrar quen manda dentro dos EEUU e quen no estranxeiro.
será capaz de evitar a guerra ou, xa iniciada, de detela. Pero a pregunta non é se seremos quen de cambiar o rumbo asasino do poderoso. Non. A pregunta que nos deberíamos facer é: ¿poderemos vivir coa vergoña de non ter feito todo o posible por evitar e deter esta guerra?
Ningún home e muller honestos poden permanecer calados e indiferentes neste momento. Todos e todas, cada quen co seu tono, co seu modo, coa súa lingua, coa súa acción, debemos dicir "non". E se o poderoso quere universalizar o medo coa morte e a destrucción, nós debemos universalizar o "non". Porque o "non" a esta guerra é tamén un "non" ó medo, "non" á resignación, "non" á rendición, "non" ó olvido, "non" a renunciar a ser humanos. É un "non" pola humanidade e contra o neoliberalismo.
Desexamos que este "non" traspase as fronteiras, que burle as aduanas, que supere as diferencias de lingua e cultura, e que una á parte honesta e noble da humanidade, que sempre, non hai que esquecelo, será a maioría. Porque hai negacións que unen e dignifican. Porque hai negacións que afirman ós homes e mulleres no mellor de si mesmos, é dicir, na súa dignidade.
Hoxe o ceo do mundo énchese de avións de guerra, de misís que se autodenominan "intelixentes" só para ocultar a estupidez de quen os manda e de quen, como Berlusconi, Blair e Aznar, os xustifican, de satélites que sinalan os puntos onde hai vida e haberá morte. E o chan do mundo se mancha de máquinas de guerra que haberán de pintar de sangue e vergoña a terra. Acércase a tormenta. Pero só amanecerá se as palabras feitas nube para atravesar as fronteiras se converten nun "non" feito pedra e lle abren unha fenda á escuridade, unha greta pola que se poda coar o mañá.
Irmáns e irmás da Italia rebelde e digna:
Acepten este "non" que, dende México, lles mandamos os zapatistas, os máis pequenos. Permitan que o noso "non" se irmande co voso e con todos os "non" que hoxe florecen en toda a terra.
¡Viva a rebeldía que di "non"!
¡Morra a morte!
Subcomandante Insurxente Marcos. México, febreiro de 2003