nº 64 febreiro 06

Convocatoria mundial a accións non-violentas

de resistencia civil para poñer fin á ocupación militar de Iraq




Lauread@s co Premio Nobel da Paz e da Literatura; Cindy Sheehan e outr@s activistas pola paz e polos dereitos humanos; líderes relixios@s de varias tradicións; prisioner@s de Conciencia; ex-ministros de gobernos; poetas, autores, periodistas… de 16 países distintos.

17 de decembro de 2005

Convidamos ós loitadores pola paz en tódalas partes do mundo a participar nunha campaña mundial de accións non-violentas de resistencia civil para poñer fin á ocupación militar (levada principalmente polos EEUU) de Iraq. Estas accións poderían ser organizadas para incluir accións de resistencia civil non-violenta e manifestacións legais.

A morte de ducias de miles de civís, os 100000 ou máis feridos, a tortura e asesinato de presos a mans dos militares estadounidenses puxeron de manifesto —xunto con outras realidades da ocupación— o terrorismo masivo de estado perpetrado contra o pobo de Iraq. Ó mesmo tempo lamentamos a morte de máis de 2300 soldados das «forzas da coalición», mentres denunciamos as mentiras (armas de destrucción masiva, lazos entre Saddam Hussein e Al Qaeda) proclamadas nun esforzo por xustificar a invasión.


O primeiro día de accións será o 19/20 de marzo de 2006, o terceiro aniversario da invasión de Iraq. Algúns participarían en manifestacións legais, mentres que outros farían «sentadas», «die-ins» (simulacro de morrer en) e outros métodos de obstaculizar, aínda que sexa parcialmente, el «traballo normal» das instalacións gubernamentais (incluso bases militares e centros de reclutamento militar) e de corporacións que realizan ganancias da guerra dos EEUU, Inglaterra e outros países que toman parte na ocupación militar inxusta e mortal de Iraq. Para estes gobernos, o «traballo normal» é violencia, morte e explotación. Debe ser bloqueado e rematado.


Os loitadores pola paz dos países con gobernos que non están involucrados na guerra de Iraq poderían considerar embaixadas, consulados, bases militares estadounidenses ou británicas ou oficinas de corporacións cómplices como posibles lugares de manifestacións legais e de resistencia civil pacífica.


As accións poderían incluir, por exemplo, que un grupo sentara na porta dunha instalación gubernamental de EEUU ou de Inglaterra en calquera país, non movéndose cando os marines estadounidenses ou outros axentes de seguridade lles ordenen saír. Poderían solicitar insistentemente unha entrevista co embaixador ou o comandante da base militar, ou agradar unha declaración de Washington, D.C., ou de Londres da data da retirada de tódolos soldados de Iraq. Se non poden entrar en instalacións estadounidenses ou británicas, poderían sentar ante elas, na beirarrúa o una rúa -ou facer o simulacro de morrrer, botándose ó chan representando ás víctimas da guerra. Os participantes nestes casos de resistencia civil poderían ser desaloxados e/ou arrestados pola policía. Convidámoslles a pensar creativamente neutros xeitos de resistencia civil e a compartir estas ideas connosco para que as difundamos a outros. Todo isto pode realizarse en presencia dos medios de comunicación e xunto a unha manifestación grande e legal cerca do mesmo lugar. O impacto destas accións na opinión pública, nos medios de comunicación e nos gobernos dependerá da súa cantidade impresionante e da súa diversidade xeográfica, no mesmo día e tamén da claridade da súa mensaxe e das tácticas disciplinadas de non-violencia.


Mentres esta idea se vai difundindo por internet e, agrademos, polos medios de comunicación, semella razoable agardar que centos de accións poderían ter lugar en ducias de países en varias partes do mundo, todas elas co mesmo propósito de esixir a fin da ocupación militar de Iraq.


O segundo día internacional de accións non-violentas de resistencia civil para poñer fin á ocupación militar de Iraq será o 1 de maio, Día Internacional do Traballador, unha ocasión para manifestacións masivas en moitos países. Poderíase enfatizar o impacto negativo da guerra na clase pobre e traballadora do mundo.

O terceiro día internacional de accións non-violentas para poñer fin á ocupación militar de Iraq será o 9 de agosto, o aniversario 61 do bombardeo nuclear de Nagasaki, Xapón, por parte dos EEUU. Imos esixir a fin da proliferación estadounidense de armas nucleares de destrucción masiva e a fin do terrorismo de estado por parte dos EEUU en Iraq.

O cuarto día internacional de accións non-violentas será o 11 de setembro, o quinto aniversario do ataque terrorista contra os EEUU para conmemorar e deplorar ese acto horrible de violencia e para denunciar a violencia terrorista que o goberno dos EEUU está a aplicar en Iraq baixo a excusa dunha «guerra contra o terrorismo.»

Se é necesario, continuaremos cun quinto día internacional de accións non-violentas o 10 de decembro, día Internacional dos Dereitos Humanos [...].

Se vostede ou a súa organización está interesado en comunicarse connosco sobre esta proposta, pode contactar con: dm@aglobalcall.org (www.aglobalcall.org). Teña presente que, por facer este contacto inicial, podería estar a se expoñer a algún risco legal. Se vostede nos expresa o seu interese en realizar algunha acción nos días internacionais de resistencia civil non-violenta para poñer fin á ocupación militar de Iraq, o noso Comité Coordinador podería facilitarlle o correo electrónico doutros do seu país, rexión ou cidade que tamén nos teñan expresado o seu interés. Vostedes coñeceríanse e poderían decidir se queren traballar xuntos. Estaríamos dispostos a apoiar os esforzos organizativos locais según as necesidades das persoas e grupos nestas áreas. Contacte connosco se quere algunha orientación ou axuda. Enviaríamoslles información actualizada e outras informacións que poidan axudarlles a vostedes e ós seus grupos na planificación das accións.


A mensaxe número un de cada acción sería: Fin á ocupación militar de Iraq. Esta énfase ten que ser claro para que a multitude de accións en moitos lugares do mundo nun mesmo día teña un impacto forte no público e nos gobernos. Os organizadores nacionais ou locais poden, se queren, presentar un ou dous asuntos ou esixencias relacionados, sempre mantendo o enfoque claro e principal na fin da ocupación militar de Iraq.


O noso Comité Organizador enviaría ós interesados unha proposta de declaración contra a guerra en Iraq, que cada grupo podería usar cos cambios que considerara oportunos. Ademáis, os grupos terían liberdade para expresar as súas demandas e motivacións en términos relixiosos ou non, como queiran.


Pedimos a persoas, grupos e organizacións en todas partes do mundo que avalen esta convocatoria e que a difundan a través das súas listas de correo ou correo electrónico, e por tódolos medios de comunicación e publicidade, aínda que non se comprometan en participar nas accións de resistencia civil nin nas manifestacións legais. Poderían estar difundindo a nosa convocatoria, nada máis.


Agardamos que esta Convocatoria Mundial sexa parte dunha campaña sostida e dende a base para poñer fin á ocupación violenta de Iraq. Por medio do noso Comité Coordinador gustaríamos apoiar os esforzos que xurdan dende a base e traballar con outras persoas na organización da resistencia civil non-violenta en moitos países.


Ás persoas ou organizacións que opten por organizar manifestacións legais, sen ningún compoñente de resistencia civil, pediríamoslles avisaran ós seus medios locais de comunicación e que nos avisaran das manifestacións que estean a organizar, para que poidamos avisar cun día de anticipación ós medios internacionais de comunicación das accións que se van a desenvolver nons diferentes países. Ós que organicen accións de resistencia civil e a s propoñan publicamente con anterioridade, pedímoslles que nolo comuniquen para que nós poidamos avisar ós medios internacionais cun día de anticipación. Se cren máis oportuno non dar publicidade previa, agradeceríamoslles que nos avisaran tan pronto como se realice a acción, para darlle publicidade internacional.


Mil gracias pola súa consideración da nosa convocatoria.



COLOMBIA: INFORME DEL ALTO COMISIONADO



O recente informe do Alto Comisionado para Colombia conclúe que a situación dos dereitos humanos no país estivo marcada no derradeiro ano por unha serie de violacións graves, vencelladas ós dereitos civís e políticos e ós retos pendentes no relativo ós dereitos económicos, sociais e culturais, recoñecendo a existencia de “un patrón de execucións extraxudiciais e de desaparicións forzadas, asociadas a violacións vencelladas á administración de xustiza e á impuniadde.”, así como a perpetración de detencións arbitrarias, torturas e tratos crueis, inhumanos ou degradantes, e atentados contra a liberdade de expresión. Ademáis afirma que, aínda que esas violacións no forman parte dunha política deliberada do Estado dende as máis altas esferas, “o seu escaso recoñecemento polas autoridades e a insuficiencia de accións correctivas impediron superalas”.

O paramilitarismo, que, segundo este informe, segue a ter forte influencia en varias rexións do país e controla aspectos sociais, políticos e económicos, incurriu no incumprimento do cese de hostilidades, o reclutamento de novos membros e a conformación de novos grupos, así como na execución de homicidios, ameazas e ataques contra a poboación civil, toma de rehenes, tortura e tratos humillantes e degradantes, desprazamentos forzados, reclutamento de nenos e nenas e actos de violencia sexual.

En relación ós membros da Forza Pública, e en particular do Ejército, o Alto Comisionado recolle a atribución de infraccións ó principio de distinción, entre elas, pola utilización de nenos como informantes e noutras actividades militares, o uso de escolas e vivendas civís, e por actos de violencia sexual.

Finalmente constata que a lei 975 non logra ser compatible cos principios internacionais: por unha banda, a causa das debilidades institucionais da xustiza e das disposicións desta nova lei, á gran maioría dos desmovilizados se lles está a aplicar a normativa que permite beneficios que inclúen o indulto; por outra, as normas non abordan a problemática vencellada á responsabilidade do Estado en varios dos crimes cometidos por paramilitares pola acción ou omisión de axentes estatais.



CONTINÚAN AS AMEAZAS CONTRA SINDICALISTAS EN COLOMBIA


O 4 de febreiro Plutarco Vargas Roldán, traballador de Coca-Cola e dirixente do sindicato SINALTRAINAL, recibiu na súa casa un comunicado de ameazas contra el e a súa familia: “Usted está en problemas. […] Tal vez algún día va a llegar y no va a encontrar nada aquí… Cuide lo suyo porque le tenemos un hambre... Ah, y ojo […] porque usted ya está en la mira. Bueno, soldado advertido, no muere en guerra”.