nº 70 febreiro 07




LEONARDO BOFF: ¿MALDICIÓN SOBRE A NOSA XERACIÓN?


Hai unha contradición que afecta a tódolos países do mundo e que, se persiste, pode levarnos a un desastre civilizatorio xeralizado. A contradición reside nisto: tódolos países necesitan crecer anualmente. O crecemento é fundamentalmente económico e exprésase no Producto Interno Bruto (PIB). Este crecemento cóbrase unha alta taxa de iniquidade social (desemprego e contención dos salarios) e unha perversa devastación ambiental (agotamento dos ecosistemas).

Hai bastante tempo que se rompeu o equilibrio entre crecemento e conservación do ambiente, a favor do crecemento. O consumo xa supera nun 25% a capacidade de recuperación do planeta. Segundo o PNUD, se quixésemos universalizar o benestar dos países industrializados necesitariamos dispoñer doutros tres planetas como a Terra, o que é absurdo. Sabemos hoxe que a Terra é un sistema vivo autorregulador no cal, o físico, o químico, o biolóxico e o humano entrelázanse (teoría de Gaia). Pero ela está a fallar na súa autorregulación. De aí os cambios climáticos e o quentamento mundial, que nos atestiguan que estamos xa profundamente dentro da crise.

A Terra poderá buscar un equilibrio novo subindo a súa temperatura entre 1’4 e 5’8 grados Celsius. Comezaría entón a era das grandes devastacions, coa subida do nivel dos océanos, que podería afectar a máis da metade da humanidade, que vive nas súas costas, e milleiros de organismos vivos non terían tempo suficiente para adaptarse e morrerían. Gran parte da propia humanidade, ata un 80% da mesma segundo algúns, non podería sobrevivir.

Con acerto afirmaba Washington Novaes, un dos xornalistas que en Brasil mellor dá seguimento ás cuestións ecolóxicas: «agora non se trata xa de coidar do medio ambiente, senón de non exceder os límites que poderán poñer en risco a vida». Moitos científicos sosteñen que nos achegamos xa ao momento de non retorno. Podemos diminuír a velocidade do proceso, pero non detela. Esta cuestión debería preocupar aos gobernos, en especial ao brasileiro, que propón o crecemento como meta central. No seu discurso, o Presidente Lula non dixo sequera unha palabra sobre a cuestión ambiental. Se non toma en conta todos estes datos, as taxas alcanzadas poderán perderse totalmente en dúas ou tres xeracións. Os nosos fillos e netos maldirán a nosa xeración, que sabía das ameazas e nada ou pouco fixo para escapar da traxedia anunciada.

O erro de todos foi seguir ao pé da letra o consello de Lord Keynes para saír da gran depresión dos anos trinta: «Durante polo menos cen anos debemos simular ante todos e ante cada un de nós, que o belo é sucio e o sucio é belo, porque o suco é útil e o belo non o é. A avaricia, a usura, a desconfianza... deben ser os nosos «deuses», porque son eles quen nos poderán guiar para saír do túnel da necesidade económica rumbo á claridade do día... Despois virá o retorno a algúns dos principios máis seguros e certos da relixión e da virtude tradicional: que a avaricia é un vicio, que o exercemento da usura é un crime e que o amor ao diñeiro é detestable». Só que ese retorno non se está a dar, senón que máis ben estase a distanciar.
Porque escollemos medios malos para fins bos, chegamos onde chegamos. Ou redefinimos uns fins máis altos que o simple producir e consumir, ou deberemos aceptar un destino tráxico. Os remendos non son remedios.




COLOMBIA: Unha nova xeración de paramilitares


As constantes denuncias das organizacións de defensa dos dereitos humanos sobre o falso proceso de desmovilización propiciado polo Goberno de Uribe están empezando a ser recoñecidas oficialmente. Nacións Unidas xa alertou que durante 2005 seguiu vixente a influencia do paramilitarismo en distintas rexións do país, mediante presións, ameazas e acordos clandestinos para controlar aspectos políticos, económicos e sociais locais.

No nivel nacional persisten supostos vínculos con representantes do Estado, incluíndo políticos e parlamentarios. En varias rexións do país os paramilitares controlan gran parte do comercio e outras actividades, legais e ilegais, e posúen grandes extensións de terras e moitas propiedades que, en numerosos casos, figuran a nome de testaferros.

A unha conclusión similar pódese chegar da lectura do sexto informe da Misión de Apoio ao Proceso de Paz en Colombia da Organización dos Estados Americanos, onde se explica que se está a poñer en perigo o proceso de paz a longo prazo porque o programa de reinserción está en crise e cita os tres fenómenos posteriores ás desmovilizaciones que preocupan á Misión: o reagrupamento de desmovilizados en bandas delincuenciais que exercen control sobre comunidades específicas e economías ilícitas; reductos que non se desmovilizaron e/ou fortalecimento dalgúns xa existentes en zonas deixadas por grupos paramilitares.

O 30 de maio de 2006 celebrouse unha Xunta Nacional de Intelixencia na sé do Ministerio de Defensa no que se deu a coñecer un informe confidencial denominado Bacrim (Bandas Criminais Emerxentes) no que se documenta a existencia dunha nova xeración de paramilitares que está a remplazar aos supostamente desmovilizados, segundo revelou a revista Cambio en xuño. Na reportaxe xornalística, titulada O reciclaje “para”, infórmase da existencia de 22 grupos ilegais novos, cuns 2500 homes en armas, que están a constituir redes de apoio en amplas zonas do país. Documentos máis recentes aportados no foro Balance do proceso de desmovilización e reinserción das AUC elevan a 43 as formacións nas que se reciclaron os paramilitares. O proceso que se seguiu en todos eles é similar. Primeiro, atenderon o chamamento do Goberno e se desmovilizaron en actos públicos onde as autoridades se vanagloriaban do éxito obtido. Con todo, non estaban todos os que son -moitos dos que se entregaban foran reclutados entre os delincuentes ou eran narcotraficantes que se querían acoller aos beneficios da lei de Xustiza e Paz nin se desfixeron de todas as armas de que dispoñían.

Desa forma, en pouco tempo, moitos deles se reorganizaron en estructuras bautizadas cos nomes dos primeiros grupos paramilitares ou con referencias ao seu pasado recente (Nova Xeración Parmilitar, Recomposicón Paramilitar) e volveron ás súas actividades terroristas e delincuenciais que só abandonaran temporalmente. Na reportaxe de Cambio explícase como estes grupos ameazan aos comerciantes se non lles pagan cotas e como volveron a recuperar o control do negocio do narcotráfico e das rutas de contrabando nas rexións fronterizas. “A reactivación do paramilitarismo nos departamentos da rexión atlántica responde á necesidade de conservar a participación que os antigos grupos, asociados con cuestionados empresarios como Enilce López, A Gata, lograron consolidar en negocios legais e ilegais da rexión”, asegura Jorge Calero, analista da Defensoría do Pobo. Ademais, outro feito palpable de que moitas das estructuras paramilitares seguen intactas son os laboriosos e coordinados operativos que se levaron a cabo para ocultar probas penais na súa contra e eludir reparaciones ás víctimas. Nos medios de comunicación relatáronse numerosos casos en que as autoridades xudiciais acudiron a lugares onde se denunciou a existencia de cemiterios clandestinos e atopáronse con que os cadáveres foran exhumados días antes.

Os paramilitares que non se integraron nestas novas bandas pasaron a formar parte dos corpos de seguridade de empresas ou se convertiron en cooperantes e informantes da Forza Pública, soldados campesiños, vixiantes nas estradas ou calquera das outras medidas da política de “seguridade democrática” dispostas, precisamente, para dar cobertura legal aos ex integrantes dos escuadróns da morte. En setembro de 2005, o Goberno presentou un plan para vencellar a 2000 paramilitares a actividades de reparación e restauración da orde, unha especie de policía cívica.

Pero o recoñecemento oficial e público de que está a fallar a reinserción dos paramilitares non obedece a unha intención sincera de asumir os erros para tratar de reconducir o proceso de negociacións coas AUC para que haxa un abandono efectivo das armas e o desmonte total das súas estructuras de control político, social e económico. O Goberno de Uribe, ao admitir estes fallos, pretende mandar unha dobre mensaxe á opinión pública nacional e internacional: é imprescindible a cooperación económica do exterior para asegurar a reincorporación dos desmovilizados á vida civil e hai que ser benevolentes no castigo que se impón aos que renuncian ás armas para que non se se sentan tentados a tomalas de novo. Así, se se atende esta mensaxe-advertencia, o Goberno de Uribe Vélez disporá dos recursos materiais necesarios e do marco legal propicio para cumprir co obxectivo inicial de todo este proceso:a legalización do paramilitarismo.