Benquerid@s amig@s:

Chámase Xesús. Naceu coma pobre entre os pobres para nos convidar a facer noso o seu proxecto de Amor. Neste primeiro número do ano non queremos deixar de celebrar a súa presencia entre tod@s nós. Acollemos consciente e gozosamente a súa mensaxe, a chamada que nos fai para que sexamos nós agora, día a día, a súa voz, a súa ollada, as súas mans; para que nos poñamos a construir o Reino, o mundo de Xustiza e de Paz que é posible. Felices de escoller avanzar polo camiño ó que nos chama, camiño de Amor, recuperamos, para comezar, uns versos de Pedro Casalgáliga, fraterno profeta, testemuña sempre:


SE LLAMA JESÚS


Dios ha venido a casa,

desdiciéndose de su gloria.

Ha pedido permiso

al vientre de una niña sacudida

por un decreto del César

y se ha hecho uno de nosotros,

un palestino de tantos en su calle sin número,

semiartesano de toscos quehaceres,

que ve pasar los romanos y los vencejos,

que muere después de mala muerte matada,

fuera de la ciudad.

Ya sé que hace mucho que lo sabéis,

que os lo dicen, que lo sabéis fríamente,

porque os lo han dicho con palabras frías...

Yo quiero que lo sepáis de golpe,

hoy, quizás por primera vez,

absortos, desconcertados, libres de todo mito,

libres de tantas mezquinas libertades.

Quiero que os lo diga el Espíritu

¡como un hachazo en tronco vivo!

Quiero que lo sintáis como una oleada de sangre

en el corazón de la rutina,

en medio de esta carrera de ruedas entrechocadas.

Quiero que os tropecéis con él

como se tropieza con la puerta de la casa,

retornados de la guerra bajo la mirada

y el beso impaciente del Padre.

Quiero que Lo gritéis

como un alarido de victoria por la guerra perdida,

o como el alumbramiento sangrante de la esperanza

en el lecho de vuestro tedio, noche adentro,

apagada toda ciencia.

Quiero que Lo encontréis en un total abrazo,

Compañero, Amor, Respuesta.

Podréis dudar que haya venido a casa,

si esperáis que os muestre la patente de los prodigios,

si queréis que os sancione la desidia de la vida.

Pero no podéis negar que se llama Jesús

con patente de pobre.

Y no podéis negarme que Lo estáis esperando

con la loca carencia de vuestra vida repudiada

como se espera el aliento para salir de la asfixia

cuando ya la muerte se enroscaba al cuello

como una serpiente de preguntas.

Se llama Jesús.

Se llama como nos llamaríamos

si fuéramos, de verdad, nosotros.



Tribunal Internacional de Opinión sobre o Sur de Bolívar


Durante os días 28 e 29 de Novembro sesionou en París o “Tribunal Internacional de Opinión sobre o caso Sur de Bolívar”. Dende hai case trinta anos o Estado colombiano é sinalado polas Nacións Unidas e outras institucións internacionais como un dos principais violadores dos dereitos humanos no mundo. Os 30 mil habitantes da rexión do centro-norte de Colombia, coñecida como o Sur de Bolívar, ante o abandono, a represión e a situación de violencia estatal da que eran víctimas, realizaron dous grandes éxodos campesiños en 1996 e 1998 que remataron coas negociacións directas cos presidentes Samper e Pastrana respectivamente, onde se asinaron os acordos co goberno en materia de dereitos humanos e desenvolvemento da rexión. O goberno colombiano, ademáis de incumprir estes acordos, desencadeou unha campaña de exterminio incurrindo en crimes de Lesa Humanidade cometidos baixo o abeiro do Estado e en complicidade con grupos paramilitares vencellados ó negocio do narcotráfico.

O Tribunal, que se constituiu ante denuncia presentada por organizacións sociais, de dereitos humanos e populares colombianas, tivo coñecemento das accións criminais acontecidas no Sur de Bolívar, que teñen unha orixe económica expresada no interese das multinacionais por se facer cos grandes depósitos auríferos da zona, e tamén de impoñer modelos de desenvolvemento que só teñen en conta os intereses e as necesidades dos países desenvolvidos a través das corporacións multinacionais que explotan os recursos de Colombia. Ultimamente esa política se leva a cabo no marco do Plan Colombia, diseñado para cambiar de xeito definitivo o modelo agrícola de Colombia e facilitar a entrada do capital estranxeiro. O Goberno colombiano instaurou dende 1995 unha política de terrorismo posta en práctica polas Forzas Armadas, a policía e as forzas paramilitares, apoiadas e organizadas polo Estado, actuando no marco dunha forte complicidade entre elas e baixo a impunidade absoluta concedida polo sistema xurídico do país, que non investiga os crimes cometidos.

O Tribunal Internacional de Opinión, a través de testemuños, peritaxes e evidencias documentais, comprobou múltiples matanzas colectivas, homicidios, detencións e desaparicións, torturas, ameazas, lesións, privación da liberdade, destrucción de cultivos e desprazamentos forzosos, delitos contra a saúde pública pola utilización de productos químicos e actos de barbarie, nun plan xeralizado e sistemático contra a poboación civil. Finalmente o Tribunal considerou debidamente acreditadas as denuncias presentadas e calificou os feitos como constitutivos de xenocidio, crimes de lesa humanidade e terrorismo de Estado. Ademáis xuzgou plenamente acreditada a culpabilidade do Goberno da República de Colombia e das autoridades civís e militares e atopou elementos preocupantes que poderían demostrar a responsabilidade criminal dos representantes de diversas axencias do goberno dos Estados Unidos ( CIA e entidades civís e militares estadounidenses ), así como varios gobernos europeos.

O Tribunal, consciente de ser un Tribunal de Opinión, con forza só moral, fixo un chamamento á opinión pública internacional para que se comprometa coa loita contra a violación dos dereitos fundamentais na rexión do Sur de Bolívar en Colombia, contribuindo deste xeito a rematar coa impunidade instaurada en Colombia e en América Latina.


Comunicado da Comisión Intereclesial de Xustiza e Paz


25 de novembro do 2003, primeiros 850 “desmovilizados”, menos de dous centenares de armas entregadas, todo en silencio, só

dixeron algúns dos seus mandos que se iniciou a reconciliación, só se esixe a comprensión do país, “inserción civil” escenario da “reparación”...polo menos os seus nomes.

25 de novembro inicio do ritual da amnesia, do cinismo e a hipocresía. “Desmovilización” acompasada no olvido, “alternatividade” penal posibilitando a impunidade, a guerra será máis forte. Dende a memoria... polo menos os seus nomes.

Sen decretos públicos, sen disimulo, sen resto de conciencia entre o espectáculo mediático, no chamamento a unha suposta “reconciliación”, na falsedade que se fai verdade, na mentira que se fai verosímil, na traxedia teatral da paz a calquera prezo... polo menos os seus nomes.

A práctica dun perdón sen cimentos fondos nos principios básicos construidos pola Conciencia da Humanidade polo menos debe silenciarse na memoria das víctimas... polo menos os seus nomes.

Non hai que dicir a quen se asasinou, se desapareceu, se torturou, se perseguiu. Non hai que dicir por que torturaron, mataron, asasinaron, desapareceron, desprazaron, perseguiron. Non hai que dicir quen os instruiu, en que bases regulares, que axentes estatais, onde, como, cando. Non hai que falar de quen os financiou, que poderes políticos os impulsaron, como planearon os atentados á vida, á integridade persoal, ós soños doutro país distinto, humano e xusto, no cadáver insepulto da xustiza... polo menos os seus nomes.

Non hai que agardar procesos xudiciais nin longos nin tortuosos. Non hai que exisir obrigado proceso, nin outro tipo de probas. Aquí xa se sabe a sentencia, liberdade para homes e mulleresque “defenderon a democracia”, que “construiron o país”... polo menos os seus nomes.

Mulleres e homes de pel, de tez branca ou trigueña, mestiza, negra ou india. As súas vidas, as súas familias, as súas organizacións, as súas comunidades, aquelas nas que cearon, nas que falaron, nas que choraron, nas que riron, nas que soñaron outra sociedade ou unha vida con dignidade... polo menos os seus nomes.

Ante a impunidade mediática, ante a impunidade xurídica que os abeirará, ante o espectáculo dunha finxida desmovilización sen verdade, sen xustiza, sen reparación integral; agora, polo menos os seus nomes, os que queren ser acalados pola paz dos sepulcros, pola paz do olvido, pola paz dos medios... polo menos os seus nomes.

Cando as tácticas da morte, do silencio e do terror cambiaron, cando a camisa da impunidade xudicial está a axustarse, cando a impunidade política xa existe... polo menos os seus nomes.

Dende a memoria interpelan o que hoxe se constrúe en Colombia... polo menos os seus nomes:


Wilson Jumi, Edwin Domico Jumi, Bernardo Chanci, Enrique Rojas, Floro Chanci, Gildardo Arteaga, Luis Ángel David, Roheli Sucerquia,Samuel Valencia, Virgilio Sucerquia, Heriberto de Jesús Montoya, Alejandra Monsalve, Cecilia Artega Correa, Jose Albeiro Hurtado, Luis Argiro Monsalve, Mónica Marcela Arteaga Correa, Sebastián Monsalve, Ángel Solano, Astul Robles, Clara Vales, Esmeralda Sarriá, Evelio Ernesto Piamba, Ilio Fernández, Jairo Emiro Dorado, Jose Abenair Gaviria, Juan Bautista Cruz, Juan Mosquera Chaux, Larry Olmedo Guerrero, Luis Fernado Velasco Chávez, Manuel Cuéllar Benavides, Martín Benítez, Eder Hernández, Pablo Varela, John Mario Palomo, Gildardo Taborda, Mario Ibarguen, Yarlebis Ibarguen, Fedelina Rojas, Iván Enrique Parada, Dayron Salgado Tatis, Harrison Antonio Trujillo, Manuel Esteba Caret Díaz, Félix Antonio Amaya Jaramillo, Ramón Amaya, Diego ramírez Santana, Luis Puerta Yepes, José Barrientos, José Elías Vergara, Carlos Alberto Ramírez Mejía... todos y todas víctimas de la acción criminal de los paramilitares.


A paz do 25 de novembro, a paz do 7 de decembro, as de aquí ata o 2005, os seus nomes, polo menos iso, polo menos os seus nomes.


Nicaragua: dende as Comunidades Eclesiais de Base

“En momentos tan críticos, calar sería un pecado”


A excarcelación do expresidente Arnoldo Alemán é a punta dunha negociación política libero-sandinista que contempla severas transformacións nos poderes do Estado, así como a postergación das eleccións municipais, a modificación do presuposto e reformas constitucionais. As negociacións entre liberais e sandinistas provocou a alarma en diversos sectores que ven no “repacto” unha ameaza á institucionalidade do país. O Departamento de Estado dos Estados Unidos sinalou que o arresto domiciliar de Alemán “é unha decisión manipulada politicamente”, Éste é o comunicado emitido polas Comunidades Eclesiais de Base de Nicaragua:

En primeiro lugar queremos dicirlles que neste momento tan crítico da nosa historia ó igual que gran parte do noso pobo, estamos sacudidos nun mar de sentimentos: indignación, tristeza, frustración, ira, desánimo e ánimo, decaemento e enerxía. Sentimentos enfrontados que non podemos negar, pero que se non son encamiñados quedan estériles ou nos fan dano. Vemos como unha ameaza para o noso Pobo caer nunha situación de depresión colectiva ou de pasividade ou impotencia antes os graves feitos que están a suceder en Nicaragua. En medio desta situación tan crítica dende o Amor ó noso Pobo queremos analizar o que estamos a vivir, denunciar e actuar como cristianos comprometidos.

Dentro do espíritu nacionalista de Sandino e dende a Opción polos Pobres e a Xustiza, denunciamos o intervencionismo do goberno norteamericano que non respeta a nosa soberanía como país, e pretende dictar o que temos que facer, e se non o facemos, quere afogarnos máis economicamente. Á luz da nosa historia –con tantas intervencións- e á luz da invasión e intervención en Iraq, pensamos que o goberno norteamericano non pode querer darnos leccións de moralidade. E a corrupción e inmoralidade en Nicaragua temos que a correxir nós mesmos. En EEUU hai tamén casos públicos de corrupción e quebras fraudulentas millonarias. E querer someternos ó ALCA-TLC-CAFTA é parte da súa política de dominación.

Nun marco amplo, denunciamos que a loita dos poderosos pola hexemonía en Nicaragua non é polo ben do Pobo. Preguntámonos nos seus arranxos, pactos ou alianzas ¿onde aparece como prioridade o ben do noso Pobo e os seus problemas máis agudos de sobrevivencia? Esa loita dos poderosos ten lugar no marco do Neoliberalismo, do capitalismo salvaxe. A economía nicaragüense está en crise sobre todo por esas políticas neoliberais que exclúen ós Pobres e enriquecen sen medida ós poderosos. Todo isto é totalmente contrario ó Evanxeo.

As eleccións son un marco institucional, pero non entregan un cheque en branco para que o Executivo ou os Diputados poidan facer o que queiran en cousas vitais sen consultar ó Pobo, e menos aínda en contra dos intereses do Pobo, Igualmente as alianzas, pactos ou negociacións dos dous grandes xefes dos partidos non poden decidir o que queiran ou o que eles pensan que é o mellor para Nicaragua. Xesús critica ós gobernantes que oprimen ó Pobo e aínda queren que os chamen benfeitores.

A corrupción é un pecado moi grave, pois se alimenta coa mentira, o engano, abuso de poder e custa máis fame e resta recursos á saúde e a educación para o noso Pobo. A corrupción é máis grave na medida en que os corruptos teñen cargos de maior responsabilidade. Onde se proba a corrupción, hai que castigar ós culpables. E a corrupción se agrava se o poder xudicial está partidizado e está dentro do xogo do poder dos poderosos. O profeta Amós denuncia con enerxía ós que fan leis amargas e venden ós pobres nos tribunais.

Nós, as Comunidades estamos unidas dentro dun Movemento máis amplo que se dá en América Latina e tamén en Nicaragua. Este Movemento Social “Outro Mundo é posible” soña e loita por unha sociedade distinta xusta, participativa, non excluínte, onde os Pobres sexan un Suxeito Prioritario e donde a Sociedade Civil organizada dende a Base esixa ós partidos políticos e ás diversas institucións gubernamentais que cumplan a súa función ó servicio do Pobo e non dos intereses dos poderosos.

Queremos rematar este comunicado uníndonos de todo corazón ás persoas de boa vontade que ó igual que nós estamos buscando alternativas xustas á situación que estamos a padecer. Queremos sumarnos ás súas iniciativas inmediatas, pero sobre todo queremos buscar alternativas maís de longo alcance e que transformen a actual estructuración da nosa sociedade en que o podr e o diñeiro teñen a primeira e a última palabra,e non a persoa humana e moito menos os Pobres,



Coca Cola: o producto negro, un símbolo do imperialismo


Cada ano en Colombia son asasinados máis sindicalistas que en tódolos países do mundo xuntos: 4500 durante a década do 90, 130 en 2000, 150 en 2001... Nos últimos dez anos 19 dirixentes sindicais de Sinaltrain, sindicato de refrescos e alimentos, foron asasinados, 48 afiliados ó sindicato foron desprazados ( en Colombia desprazado é quen debe abandoar xunto á súa familia, o seu traballo e localidade en menos de 24 horas baixo pena de morte ), 2 exiliados, 2 desaparecidos, 65 ameazadoa e moitos detidos inxustamente.

Coca Cola é a primeira empresa en represión e explotación do movemento obreiro, a empresa exemplo da globalización e un dos modelos da subexplotación. Coca Cola despediu 10000 traballadores nos últimos 12 anos en Colombia para remprazalos por contratos temporais que obrigan a traballar 12 e 14 horas diarias tódolos días do ano, sen beneficios de saúde ou retiro. Para se converter nunha industria sen gremios e, polo tanto, sen dereitos laborais, Coca Cola levou a cabo unha política de persecución, represión e morte en colaboración cos paramilitares colombianos.

Para deter as accións criminais dunha das transnacionais máis grandes do planeta, Sinaltrain e o Foro Social Mundial lanzaron un boicot internacional contra Coca Cola e presentaron unha demanda penal contra a empresa ante a xustiza de Florida. En palabras dun dos dirixentes sindicais “a solidariedade internacional nos mantén vivos como organización sindical e como persoas. A raíz da impunidade en Colombia, a xustiza é proclive ás multinacionais e as nosas oportunidades de xustiza son moi poucas. Coca Cola está un pouco preocuopada, non pensou que os obreiros chegariamos a estes espacios”.

O boicot é froito de tres Audiencias Populares Internacionais realizadas no 2002 nas que os traballadores de Sinaltrain e as familias e viúvas dos obreiros asasinados deron testemuño e ofreceron probas sobre a guerra de Coca Cola contra o sindicato e os dereitos humanos dos traballadores.

En Colombia Sinaltrain forma parte do movemento obreiro, do movemento antiglobalización e da resistencia contra o ALCA, que arruinará o pouco que queda da industria nacional co despido de 40000 traballadores, o peche da pequena industria e o xurdimento dunha situación de dependencia alimentaria. Os asasinatos dos dirixentes sindicais, os despidos inxustos, as presións con ameazas de morte, foi minguando pouco a pouco o número de afiliados ó sindicato: de 5300 afiliados quedan só uns 2000, que afirman que “aínda que nos persigan e sexamos pequenos non imos renunciar á defensa da vida, do traballo e ós nosos principios de clase”.

Entre o río de xente que correu polo centro de Londres ata Trafalgar Square, máis de 200000 gorxas festivas e furiosas contra a visita do “emperador”, podíase ler pancartas que dicían “Killer Coca Cola” e camisas vermellas coa lenda “Stop drinking Coca Cola”. Ista é a nosa sinxela colaboración coa súa loita contra os poderosos da terra:

¡DEIXEMOS DE BEBER COCA COLA!


www.sinaltrain.org.



Plantexamento ós candidatos presidenciais de Guatemala dende o Programa de DDHH da Diócese de San Marcos


Estes plantexamentos están fundamentados nos Acordos de Paz e na crúa realidade que vive o departamento de San Marcos. Consideramos que todo plan de goberno debe estar orientado cara a construcción dun proxecto de Estado, contemplado xa nos Acordos de Paz. En base a isto, e dende a perspectiva dos dereitos humanos, presentamos algúns puntos que consideramos básicos para avanzar cara a construcción dunha democracia real e participativa:

- Autonomía das institucións do Estado fronte ó goberno e ós partidos.

- O tema agrario é un punto candente que está a esixir cambios audaces como os contemplados nos Acordos de paz. O sistema da tenencia da terra en Guatemala é un dos máis obsoletos de América Latina. Nas fincas predomina un réxime pseudofeudal. As organizacións campesiñas e a Plataforma Agraria están a demandar unha reforma agraria.

- En cano o tema laboral, en primeiro lugar consideramos necesaria unha maior supervisión dos lugares de execución do traballo. Ademáis cremos que os traballadores, especialmente de fincas, deben ser tomados en conta para iniciativas ou programas de desenvolvemento rural.

- Desarticular os corpos ilegais e aparatos clandestinos de seguridade e do crime organizado, corpos de poder paralelo que están considerados un dos peores males de Guatemala; sen a súa desarticulación pouco se pode avanzar no desenvolvemento humano e social do país.

- Compromiso de combater a impunidade para que se fortaleza o Estado de Dereito. Ha sen aclarar moitos casos de violacións dos dereitos humanos: desaparicións forzadas, execucións sumarias ou paraxudiciais, política de “terra arrasada”, masacres indiscriminadas, todos considerados delitos de lesa humanidade, sen aclarar.

- En Guatemala predomina unha mentalidade militarista e o presuposto militar é desproporcionado co presuposto destinado ó social. Segundo os Acordos de paz o presuposto debe ser reducido a un 50%.

- Os dereitos humanos inclúen os dereitos sociais; saúde, vivenda, educación, traballo, salarios dignos, seguridade social... Nunha situación como a de Guatemala, onde a porcentaxe de pobreza, desnutrición crónica, desescolarización, analfabetismo, desemprego e subempleo... está a esixir cambios estructurais serios. Un pobo con fame é un pobo sen paz. Consideramos que a paz verdadeira pasa pola xustiza social. Asimesmo, consideramos que a educación é a base para o desenvolvemento humano da sociedade; sen embargo, en Guatemala o presuposto para educación non alcanza o 3% do PIB, sendo un dos máis baixos de América Latina.

- O Tratado de Libre Comercio é un proxecto de Estados Unidos para ampliar e fortalecer a súa economía; favorece en primeiro lugar a Estados Unidos e en menor medida ós empresarios nacionais, pero afecta considerablemente ós empobrecidos. O TLC non é máis que a aplicación do modelo neoliberal que profundizou a pobreza e a exclusión social; contempla a libre movilización de productos e de capital, pero non de persoas e permite a libre explotación dos nosos recursos naturais polas transnacionais.

- Outro factor importante é o tema indíxena que, como sinala o Acordo sobre Identidade e Dereitos dos Pobos Indíxenas, constitúe un punto fundamental e de trascencencia histórica para a construcción da democracia. Diversos sectores maias plantexaron unha serie de demandas encamiñadas a superar a discriminación e á reconstrucción da súa identidade dentro da unidade nacional.